O acceso aberto ao coñecemento perfílase como unha alternativa ...
2 pages
Español

O acceso aberto ao coñecemento perfílase como unha alternativa ...

-

Le téléchargement nécessite un accès à la bibliothèque YouScribe
Tout savoir sur nos offres
2 pages
Español
Le téléchargement nécessite un accès à la bibliothèque YouScribe
Tout savoir sur nos offres

Description

5 Dec 2006 – OBSERVATORIO PARA LA. CIBERSOCIEDAD c/ Torras i Bages, 66 – Orfeó Catalònia. 08940 Cornellà de Llobregat (Barcelona) ...

Sujets

Informations

Publié par
Nombre de lectures 13
Langue Español

Extrait

OBSERVATORIO PARA LA
CIBERSOCIEDAD
c/ Torras i Bages, 66 – Orfeó Catalònia
08940 Cornellà de Llobregat (Barcelona)
congreso2006@cibersociedad.net
O Congreso do Observatorio para a Cibersociedade clausurou onte a súa terceira
edición coa participación de 4.600 congresistas.
Os organizadores consideran que o
evento se consolidou como un importantísimo espazo de investigación, reflexión e debate sobre
ás TICS e a sociedade do coñecemento.
O acceso aberto ao coñecemento perfílase como unha alternativa
social, política e cultural
OBSERVATORIO DA CIBERSOCIEDADE, 5 de decembro de 2006.-
A terceira edición do
Congreso Online do Observatorio para a CiberSociedade (OCS) clausurouse onte coa
participación de 4.600 congresistas ubicados en diferentes países de América Latina, EEUU,
África e Europa, que durante dúas semanas debateron sobre as dimensións sociais e culturais
nos procesos de implantación das novas tecnoloxías da comunicación.
A presente edición do Congreso que levou por título “Coñecemento Aberto, Sociedade Libre” –
que se veu celebrando cada dous anos dende 2002- superou as cifras de participantes das
edicións previas e a súa sede electrónica (www.cibersociedad.net/congreso2006) rexistrou no
mes de novembro unha media diaria de 203.191 accesos e nos primeiros días de decembro
superou os 220.400.
A organización do evento considerou que “o congreso supuxo un importantísimo espazo de
investigación, reflexión e debate sobre a temática central que ocupaba e ducias doutras
temáticas periféricas, que artellaron un espazo de interacción, de conversa e de coñecemento
extraordinario”.
Neste eido, os promotores do III Congreso do OCS informaron de que “a ecuación
coñecemento aberto / sociedade libre foi o núcleo dun debate onde, como mínimo, se puxo
claramente de manifesto que existen alternativas sociais, culturais e políticas, a nivel local e a
nivel global, que poden edificarse a partir de concepcións e sistemas de apertura do acceso ao
coñecemento. O coñecemento créase, distribúese, comercialízase e consúmese de formas
novas, no ciberespacio e nos novos espazos sociais híbridos producidos pola mestura entre os
espazos dixitais e os espazos tradicionais”.
O encontro tivo lugar fundamentalmente no ciberespacio: a través da sede virtual do congreso
os autores das máis de 500 comunicacións e os diferentes participantes atopáronse a través
dun Chat e de Foros para analizar diferentes temas da Sociedade da Información.
Paralelamente, o Congreso celebrou actividades presenciais en Barcelona, Santiago de
Compostela e Madrid. Só o volume de contidos inéditos que este congreso puxo en liña,
Observatorio para a CiberSociedade
III Congreso Online “Coñecemento Aberto, Sociedade Libre”
20/XI/2006-3/XII/2006
http://www.cibersocietat.net/congres2006
PRENSA- III CONGRESO ONLINE DO OBSERVATORIO DA CIBERSOCIEDADE
Miguel Vicente: 637.87.32.23
Eva Campos: 666.56.42.26
Fernando Garrido: 91.44.55.853
comunicacion@cibersociedad.net
Observatorio para a CiberSociedade
III Congreso Online “Coñecemento Aberto, Sociedade Libre”
20/XI/2006-3/XII/2006
http://www.cibersocietat.net/congres2006
PRENSA- III CONGRESO ONLINE DO OBSERVATORIO DA CIBERSOCIEDADE
Miguel Vicente: 637.87.32.23
Eva Campos: 666.56.42.26
Fernando Garrido: 91.44.55.853
comunicacion@cibersociedad.net
equivalente a máis de 15.000 páxinas ‘en papel', en formatos abertos e de libre acceso, xa
resulta todo un acontecemento no ciberespacio.
Entre os preto de 5.000 congresistas, o Congreso contou coa colaboración de personalidades
entre as que figuran Vinton Cerf, Pierre Lévy, Llorenç Valverde, Marcelo d'Elia Branco, Marta
Continente, Oriol Ferrán, Anna M. Miró, Antoni Garrell, Christine Hine, Jesús Boticario, José M.
Cerezo, Juan Freire ou Paul Mockapetris que contribuíron a dotar á cita de calidade e de
relevancia internacional.
O III Congreso Online da Cibersociedad foi co-organizado pola Fundació Observatori da Societat
da Informació de Catalunya (FOBSIC), co apoio do Plano Avanza e coa Diputació de Barcelona,
a Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació da Generalitat de Catalunya, o
Concello de Cornellà e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia como
patrocinadores. Ademais, conta coa colaboración de universidades de diferentes países, con
institucións públicas relacionadas coa Comunicación e as Novas Tecnoloxías, así como de
empresas privadas vinculadas ao sector. Tódolos contidos e materiais seguirán dispoñibles na
plataforma web do Observatorio para a CiberSociedad, en http://www.cibersociedad.net.
  • Univers Univers
  • Ebooks Ebooks
  • Livres audio Livres audio
  • Presse Presse
  • Podcasts Podcasts
  • BD BD
  • Documents Documents